miércoles, 19 de diciembre de 2012

Las Tic en la Educación

¿Favorecen as TIC ó desenvolvemento dun modelo democrático de educación e o desenvolvemento dunha sociedade democrática?  
  • Na nosa opinión as TIC por unha parte poden favorecer o desenvolvemento dun modelo democrático de educación porque no centro todos os alumnos poden acceder ás TIC xa que o centro llas proporciona e así acceder a unha gran cantidade de información. A hora de facer as tarefas na casa non todos os alumnos podrán ter acceso ás TIC neste caso non favorecerían a que se leve a cabo plenamente o modelo democrático de educación e, polo tanto, non permite a igualdade de oportunidades.
  
¿Considerades que os centros educativos son os responsables de que a fenda dixital que se dá na sociedade actual se reduza? ¿ou polo contrario credes que se teñen que limitar a adaptarse á sociedade sen tratar de promover cambios nela? 
  •  Como resposta a pregunta pensamos que os centros educativos son responsables, en parte, de que a fenda educativa que se da na sociedade aumente, xa que na escola todos os alumnos poden ter acceso as TIC, sen importar o seu nivel económico ou clase social, pero nas súas casas non todos teñen as mesmas posibilidades polo que isto fará que a fenda dixital aumente entre eles. Na nosa opinión as escolas deberían de proporcionar acceso as TIC ás criaturas pero non deberían de mandarlles tarefas extraescolares xa que isto acrecentaría a fenda dixital, polo que as escolas deberían de adaptarse á sociedade do entorno no que se atope. A fenda dixital verase directamente afectada tanto pola sociedade, como pola escola. 



Agora veremos un video sobre as TICs aplicadas na Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario